|
|
Esta páxina contén un conxunto de ligazóns sobre os dous temas que estamos a tratar nistes momentos na Mesa Galega a prol da Innovación: a lexislación europea que ameaza con legalizar as patentes de programación, e a reforma da lei de propriedade intelectual no estado español.
A Unión Europea está a elaborar unha lexislación que pretende regular o sistema de patentes no espazo económico europeo. Esta lexislación toma o nome de Directiva do Consello e do Parlamento Europeos sobre Patentabilidade de Invencións Implementadas en Computador. As grandes corporacións da industria do software pretenden extender a Europa os monopolios que xa teñen establecidos noutros mercados, como Estados Unidos ou Xapón. Por iso están facendo presión nas institucións europeas para que legalicen as patentes de software tamén en Europa.
As patentes de ordenador son un absurdo xa que implican patentar ideas e obras inmateriais que xa están protexidas pola lexislación sobre propriedade intelectual. Pero ademais son un grave obstáculo para a innovación empresarial e para o desenvolvemento do software libre.
É posibel impedir a legalización das patentes de programación en Europa. A principal prioridade é involucrar ao maior número posibel de personas neste esforzo. En primeiro lugar é preciso comprender a información básica sobre a problemática para poder divulgala no entorno máis cercano e promover a participación nas distintas campañas que están tendo lugar en toda Europa. Tamén se pode profundizar máis consultando a e manterse ao día consultando as novas que son actualizadas diariamente en distintos medios. Estas campañas están coordenadas por distintas organizacións nas que é posibel rexistrarse e axudar. E sempre é posibel poñer a funcionar novas organizacións e novas iniciativas... nese caso non esquezas avisarnos para que apareza no listado desta páxina.
Organizacións
Campañas activas
- Concentración de protesta nas Universidades do estado españolEsta campaña promove a celebración dunha concentración diante da porta de todas as faculdades e escolas técnicas españolas entre as 12:00 e as 12:30 do día 27 de abril de 2005. Protestamos pola adopción ilexítima por parte do Consello Europeo da Directiva de Invencións Implementadas en Computador, que permite a patentabilidade indiscriminada de software. Esta campaña está a ser organizada dende a lista en español da FFII: es-parl (arroba) ffii.org. Subscrébete e mira a maneira de axudar.
- Petición EuroLinuxTrátase de asinar a petición de EuroLinux, unha alianza de empresas e organizacións sen ánimo de lucro, que se envía ao Consello e ao Parlamento Europeos para que impidan a legalizacion das patentes de programación. Cerca de meio millón de personas asinaron xa esta petición. Esta campaña logrou a presión necesaria para aprobar no Parlamento Europeo as enmendas que impedían a patentabilidade da programación. Debido aos cambios feitos polo Consello Europeo, esta votación deberá repetirse o próximo xulio de 2005 así que non esquezas asinar esta petición!
- No Software PatentsEsta é unha campaña permanente que divulga a información básica sobre o tema de patentes en varios idiomas e de xeito que poida ser entendida por personas non introducidas na materia. Moita información, posibilidade de rexistrarse para axudar, e dispón dun foro público para estas cuestións. Recentemente esta campaña foi vencellada á FFII.
- WebDemoEsta campaña da FFII ten por obxecto visibilizar a protesta situando banners nas webs. A campaña actívase cando se aproxima un punto álxido na tramitación dalgunha lei que afecte á cuestión da patentabilidade ou da propriedade intelectual, ofrecendo banners, páxinas de exemplo para pechar as webs, deseños para camisetas e toda clase de material. Boas ideas para organizar eventos de protesta 'físicos'.
- (Para expertos) Envío de comentários á OEPMEsta é unha campaña de Proinnova que promove o envío de comentarios á Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM). Se pertences a certos colectivos como profisionais das IT, investigadores, empresarios en novas tecnoloxías, expertos en políticas de fomento e innovación, expertos en propriedade intelectual/ industrial e similares, podes preparar e enviar informes, análises e comentarios que serán tidos en conta.
Documentación
Información básica sobre patentes
- Introdución rápida Documento elaborado por ProInnova baixo o título: Por qué as patentes de software son un problema? Trata primeiro de forma xenérica o tema de patentes e despois céntrase no software.
- No Software PatentesInformación multilíngüe básica sobre as patentes de sofware e as súas consecuéncias. Para todos os públicos
- A súa tenda web xa está patentada!Nesta web móstrase a imaxe da típica web comercial con moitas características comúns coa maioría de webs corporativas, sinalando as violacións por patentes que xa foron concedidas e son legais noutros mercados. Un exemplo moi efectivo para difundir a gravedade do problema.
- Exemplos selectosImpresionantes exemplos de patentes triviais, absurdas ou abusivas que foron aceptadas pola Oficina Europea de Patentes. Posto que as patentes de sofware non son -aínda- legais en Europa, estas patentes non poden ser aplicadas, por moito que a EPO as teña validado. Pasen e vexan o que pode ser si as patentes de software son legalizadas.
- Quen é quenListado e descrición dos principais actores e actrices no teatro da legalización das patentes de programación.
- Referencias de EuroLinuxRecopilación feita por EuroLinux baixo o motto:"Infórmese en 15 minutos de todo o que debería saber sobre patentes de software". Sumarios das principais referencias clasificados en oito temas (Economía, Lexislación, Axenda, Oficina de Patentes, Grupos de Presión, Exemplos, Declaracións, Artefactos). En español.
- Autodefensa do Software LibreNeste artigo proponse unha acción de autodefensa para o software libre de cara a protexerse da legalización das patentes. O primeiro que hai que facer é gardar as datas dos CVS e licenciar o software -por exemplo baixo GPL indicando claramente a data.
Información avanzada sobre patentes de software
- Bases de datos de patentesListado de patentes, estatísticas e bases de datos sobre as patentes coñecidas. Tamén instrucións para entender as descricións das patentes e máis documentos explicativos. Inglés.
- Patentes de software: cuestións, análises e propostasCuestións básicas sobre patentes explicadas con detalle. En alemán, francés e inglés.
- As patentes de software: un problema para EuropaInforme do grupo ProInnova sobre as patentes de programación e a proposta de directiva sobre patentabilidade del software. (español)
- Sumarios e Críticas_Extenso_ listado de sumarios e críticas á patentabilidade da programación recopilado pola FFII. Moitos destes documentos non son normalmente accesíbeis dende a web, ou teñen acceso restrinxido: dende aquí é posibel consultalos na súa totalidade.
- 11 questions on software patentability issues in Europe an the US Document Actions
(PDF) Por Philippe Aigrain, para a Universidade de Maryland en decembro de 2001 (USA). Niste documento autor plantexa once cuestións e outras tantas respostas, sobre a patentabilidade de algoritmos, programas, estructuras de datos, métodos de proceso de información, etc., en diversos planos (económico, legal, incluso sociolóxico). Un bó texto para entender algúns detalles que moitas veces nos confunden. Por exemplo: ¿pode mellorarse o proceso de examen de patentes de software para evitar as patentes triviais?
- Innovación secuencialAnálise económico de Bessen e Maskin (MIT e Universidade de Harvard) no que, tras unha modelización matemática, mostran como os sectores económicos de grande dinamismo se ven dinamizados na auséncia de patentes de software, cómo as patentes de software son un obstáculo e cómo a protección do software a través da propriedade intelectual consigue mellores resultados.
- Comparación de costes entre regulacións
Estudo de Jean Paul Smets e Hartmut Pilch (presidente da FFII) no que se comparan distintos modelos reguladores do mercado do software e no que se demostra cómo a regulación de patentes incrementaría os costes de producción do mercado europeo na orde de 1-5 millóns de euros por ano.
Información sobre a Directiva Europea de Patentes e a súa tramitación
- Tramitación - Sistema de CodecisiónDescrición detallada do proceso de codecisión seguido polas institucións europas (catalá)
- Calendario de tramitaciónCalendario de tramitación seguido (e previsto) para a directiva
- Infopaquete de ProInnovaRecopilación elaborada por Proinnova con información básica sobre a tramitación da directiva. Interesante para coñecer as orixes da tramitación, para coñecer a situación actual mellor as ligazóns seguintes.
- Situación actualBreve descrición da situación actual.
- Introdución básicaInforme para poñerse ao día en 20 minutos do estado actual da tramitación.
- FAQ sobre a directivaPerguntas e respostas máis frecuentes sobre a directiva de patentes
- Motivación institucionalXustificación da proposta de directiva pola Comisión Europea.
- Análise da propostaAnálise detallado da proposta da Comisión Europea (aconsellados pola BSA e aliados)
- Invencións Implementadas en ComputadorEste texto é o apéndice 6 dun informe no que a EPO explica ás oficinas de patentes estadounidenses e xaponesas sobre o xeito de patentar métodos de negócio en relación á Convención Europea de Patentes (que impide a patentabilidade de software). Este documento convertiuse na base da proposta de directiva feita pola Comisión Europea, e nel aparece por primeira vez o eufemismo "Invencións Implementadas en Computador".
- Artigo 52 da Convención de PatentesInterpretación e revisión do artigo 52 da Convención Europea de Patentes de 1973 que establece claramente a non patentabilidade da programación.
- Proposta do Parlamento - setembro de 2003 polo PERevisión do texto da directiva que foi aprobado polo Parlamento Europeo e nas que os programas de ordenador quedaban claramente excluídos dasmaterias patentabeis.
- Proposta do Consello - Maio de 2004Unha vez que o PE aproba as enmendas que impiden a patentabilidade da programación -ver ligazón anterior- a directiva pasa a mans do Consello, segundo o proceso de codecisión. E poucos meses despois, o Consello fai a súa proposta, ignorando completamente as enemendas aprobadas polo Parlamento e propoñendo un texto aínda máis pro-patentes. Análise desa proposta.
- Cuestionamento legal da tramitaciónDocumento no que se cuestiona dende o punto de vista do regulamento interno do Consello Europeo, a lexitimidade do proceso levado adiante para facer a proposta de maio de 2004.
- Comparativa entre a proposta do Parlamento (2003) e o do Consello (2004)Estudo comparativo das distintas versións da directiva según foi evolucionando a través da súa tramitación.
Noticias sobre patentes
(en breve...)
|