|
Quen somos Actualidade Ligazóns |
Mesa Galega a prol da Innovación |
|
Mércores, 28 de Marzo de 2007 Ante a próxima votación na Comisión Sexta do Parlamento Galego do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), a Mesa Galega a prol da Innovación fai un chamamento aos tres grupos parlamentários para acadaren a unanimidade na súa aprobación.
Tal como ten sinalado o Director Xeral de Investigación da Comisión Europea, o galego José Manuel Silva, a estratéxia máis efectiva para que os investimentos en I+D+i no eido das TIC acaden os resultados esperados, baséase na vixéncia dun pacto social ao respeito capaz de trascender os ciclos lexislativos própios da democracia. Así aconteceu por exemplo no caso de Finlandia, que partindo dunha situación máis precaria que a galega, é hoxe o líder europeo na introdución das TIC.
Posto que o PEGSI é a principal ferramenta que o Goberno Galego artella para o desenvolvemento da Sociedade da Información, a súa aprobación por unanimidade podería significar un paso decisivo para acadar ese necesario Pacto Social. (Siga a ligazón do título para ler mais.) Mércores, 18 de Outubro de 2006 Por 494 votos a favor e 109 votos en contra, o Parlamento Europeu aprobou
unha resolución que admite a trámite a proposta de adhesión dos Estados-
Membros ao EPLA. En virtude desta resolución, o Parlamento insta á
Comisión Europea a incluir o EPLA entre as vías posíbeis da futura política
europeia en materia de patentes e solicita do Servizo Xurídico do
Parlamento o seu parecer sobre esta eventual adhesión, dando así o seu
visto bó á tramitación desta proposta.
Dende a MGAPI (Mesa Galega a prol da Innovación) facemos un chamamento á comunidade a prol da innovación para
encetar un proceso de converxéncia capaz de fechar de forma contundente e
definitiva as portas da Unión Europea ás patentes de programación. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Xoves, 12 de Outubro de 2006 A Mesa Galega a prol da Innovación, após constatar graves irregularidades nos mecanismos internos de participación e decisión da FFII, determinou interromper unilateralmente o vencello estabelecido con ela no ano 2004. Consideramos irresponsabel e contraproducente a actual deriva autoritaria e antidemocrática desta organización. Ao prescindir dos principios de cooperación igualitaria e descentralización da rede -que demostraron a súa eficacia na loita contra as patentes especialmente no caso do estado español-, a FFII convírtese nunha organización extremadamente vulnerabel que pon en perigo a capacidade da sociedade europea para facer frente ás ameazas dos próximos anos: patentes de programación, DRM, retención de datos ou neutralidade da rede entre outras. Dende a Mesa Galega a prol da Innovación animamos ás personas e agrupacións concernidas nesta materia -en especial ás PEMES TIC e á comunidade do software libre- a manter a súa autonomía e impedir que ninguén hipoteque o noso futuro. (Dispoñibel en castelán)
Venres, 29 de Setembro de 2006 O Parlamento Europeo votará o próximo día 12 de outubro de 2006 unha
proposta que permitiría a creación dun "Tribunal Europeo de Patentes".
Este tribunal funcionaría á marxe dos mecanismos legais e de control
democrático europeos polo que permitiría a legalización das patentes de
software pola vía xudicial, tal como sucedeu nos Estados Unidos. Ademais
situaría o coste do litixio medio de patentes entre os 97.000 e os 415.000
euros, o que deixaría ás PEMES en situación de clara desavantaxe
competitiva. Esto afectaría especialmente a metasectores TIC como o
galego, onde as MicroPEMES (0 a 9 empregados) representan o 84% do total
de empresas que conforman o segmento das actividades informáticas, de
forma similar ao que sucede no resto de Europa.
(Siga a ligazón do título para ler mais.)
Domingo, 04 de Xuño de 2006 A conveniéncia dun grande Pacto Social pola I+D+I -incluído no Manifesto de Bruxelas pola Innovación e a Sociedade do Coñecemento- ven de ser avalada polas declaracións da Comisária europea de Política Rexional, coincidindo así coas recomendacións que o Director Xeral de I+D da Comisión europea trasladara en Bruxelas ao grupo de traballo BRUX-GAL a principios desta mesma semana. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Xoves, 01 de Xuño de 2006 Reunidos en Bruxelas, os dias 29 e 30 de Maio de 2006, as persoas abaixo asinantes manifestan o seu compromiso en prol da aposta pola innovación en Galiza, creando o Grupo de Traballo BRUX-GAL POLA INNOVACION, que nace co fin de dinamizar á sociedade galega a través da difusión e concienciación, para apostar por unha política de innovación transversal desenvolvida polas partes responsables da súa implantación e mellora (administracións públicas, empresas, Universidades, centros tecnolóxicos). (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Luns, 27 de Marzo de 2006 Cun mínimo de 1.000 e unha cantidade máxima de 12.000 euros, subvencionará a Consellaría de Industria e Innovación todo tipo de actuacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e para o desenvolvemento de aplicacións e servizos relacionados coa integración destas tecnoloxías no ámbito empresarial. De xeito específico vaise ampliar a porcentaxe subvencionábel daqueles proxectos realizados con soporte de código aberto. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Venres, 24 de Febreiro de 2006 A Mesa Galega pola Libre Innovación quere convidar a todos os interlocutores sociais galegos a participar na Consulta sobre o Sistema Europeo de Patentes, disponibilizando a súa traducción non oficial ao galego. Co seu plantexamento actual, a Patente Comunitaria permite a posibilidade de patentar a programación a través da Oficina Europea de Patentes, un organismo extracomunitario que está fora do control das institucións europeas. A pesar de que xa o Parlamento Europeu rexeitou a patentabilidade da programacion de forma clara, reiterada e contundente, a OEP continúa a conceder patentes sobre software. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Venres, 17 de Febreiro de 2006 A proposta de directiva de protección de direitos de propriedade intelectual IPRED2 (2005/0127 COD) inclúe as infraccións de patentes na listaxe de actos delictivos de caracter criminal. Esta directiva, de aplicación inmediata en todos os estados membros, trasladaría os litixios sobre patentes ao ámbito penal dende o ámbito civil onde eran tratados até o de agora. Para impedilo, dende a FFII estamos solicitando aos gobernos dos 25 estados membros que expresen por escrito á Comisión europea de manter os litixios de patentes no ámbito da ley civil, facéndolles chegar por fax esta solicitude (en castelán). (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Mércores, 11 de Xaneiro de 2006 A Mesa Galega pola Libre Innovación trasladou aos tres grupos parlamentares galegos PSdG, BNG e PPdG así como ao Presidente, Vicepresidente e ao Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia a segunda revisión das directrices TIC para a reforma estatutaria galega. Esta segunda revisión inclúe o texto articulado apresentado polo BNG que contén as emendas propostas pola Mesa Galega pola Libre Innovación ao seu texto. Unha terceira revisión será publicada unha vez sexan apresentadas ao público as respectivas propostas dos demais grupos parlamentares.
Sábado, 17 de Decembro de 2005 A proposta de de novo Estatuto elaborada polo BNG que foi apresentada hoxe en Santiago de Compostela inclúe parcialmente as emendas achegadas polo noso grupo de interese. Estas emendas, que obtiveron o visto bó da Comisión Nacional de Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías foron parcialmente aprobadas polo Consello Nacional desta organización celebrado o pasado 26 de novembro de 2005.
Mércores 23 de Novembro de 2005 A Mesa Galega pola Libre Innovación ven de propoñerlle ao Bloque Nacionalista Galego a toma en consideración das seguintes emendas ao seu Texto Articulado do Novo Estatuto de Galiza publicado na páxina web desa organización política. A nosa proposta de emendas achégase ao BNG a través da súa Comisión Nacional da Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías para a súa toma en consideración na reunión prevista para o próximo 23 de novembro de 2005. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Xoves, 24 de Novembro de 2005 Ista aportación procede da análise comparativa das propostas que en materia de TIC se atopan nas distintas iniciativas de reforma estatutaria feitas públicas até a data. O traballo céntrase nas apresentadas no Congreso dos Deputados (Euskadi, Valencia e Cataluña) así como na versión consolidada daquelas que foron apresentadas para o caso galego (Foro Novo Estatuto, Fundación Iniciativas 21 e BNG, tomando como referencia a lexislación estatal, europea e as normas e convenios internacionais vixentes en relación a estas materias. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Venres, 18 de Novembro de 2005 A Mesa Galega pola Libre Innovación quere mostrar o seu apoio á Candidatura na UNESCO do Patrimonio Oral e Inmaterial como Obra Mestra da Humanidade por favorecer a superación dos obstáculos
actuais para acadar a converxéncia económica e a cohesión social no espazo da Eurorexión Galego-Portuguesa.
(Siga a ligazón do título para ler mais.)
Martes, 09 de Agosto de 2005 Tal como foi recollido amplamente polos meios de comunicación, o goberno
en funcións presidido por D. Manuel Fraga Iribarne acometeu un intenso
proceso de contratacións, licitacións e adxudicacións unha vez coñecido o
resultado eleitoral. Entre os obxectos desas actuacións, destacan
diversos productos e servizos informáticos asociados a distintas
instancias da administración autonómica por máis de sete millóns de euros. A Mesa Galega pola Libre Innovación require do Goberno
Galego a revisión de todas estas actuacións xa que a adxudicación destes
contratos condicionaría seriamente o cumprimento dos acordos programáticos
do novo Goberno Galego no decurso da presente lexislatura. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Mércores, 06 de Xullo de 2005 Tras un tránsito de cinco anos nas institucións europeas, a polémica
directiva de patentes de programación foi definitivamente rexeitada polo
Parlamento Europeo. Dende a Mesa Galega pola Libre Innovación avaliamos
moi positivamente o resultado e queremos agradecer os esforzos de todas as
personas e organizacións que nos axudaron a difundir esta cuestión e a
conquerir o rexeitamento da proposta.
(Siga a ligazón do título para ler mais.)
Xoves, 30 de Xuño de 2005 A Mesa Galega pola Libre Innovación, grupo de interese conformado por
empresas, organizacións non gubernamentais e outras instáncias da
sociedade galega vencelladas ás novas tecnoloxías da información e da
comunicación, apoia as emendas apresentadas pola FFII á proposta de
directiva de Invencións Implementadas en Computador. Para impedir que os
programas de ordenador poidan ser patentados é preciso que estén presentes
367 dos 732 europarlamentarios _e que voten as emendas correctas_. Dende a
Mesa Galega pola Libre Innovación facemos un chamamento a toda a sociedade
galega para que contribúa visibilizando o seu apoio ás nosas emendas a
través das súas webs, acudindo ás concentracións en Estrasburgo ou mesmo
contribuíndo económicamente na campaña no caso das empresas vencelladas ás
TIC. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Mércores, 29 de Xuño de 2005 A Mesa Galega pola Libre Innovación foi invitada pola organización do VI Forum Internacional do Software Livre para intervir no evento cunha palestra sobre patentes de software. O FISL é o evento anual de maior trascendencia para a comunidade do software libre debido ao amplo espectro temático que abarca, proxectos de actualidade e ponentes de relevancia que se dan cita nel. Tivo lugar na cidade de Porto Alegre (Brasil) na primeira semana de xunio no Centro de Eventos da Pontificia Universidade Católica do Río Grande do Sul. Especialmente relevantes foron os contactos que dende a Mesa Galega pola Libre Innovación se estableceron con destacados membros dos gobernos de Brasil, nomeadamente os relativos ao Ministerio da Saúde Pública e o Ministerio de Defensa. Igualmente enriquecedoras foron os intercambios coas delegacións dos gobernos de Extremadura ou do Pais Basco, que mostraban as súas iniciativas dirixidas ás administracións públicas e ás pequenas e medianas empresas. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Venres, 22 de Abril de 2005 A Mesa Galega pola Libre Innovación, grupo de interese conformado por empresas, organizacións non gubernamentais e outras instáncias da sociedade galega vencelladas ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, informa da convocatoria de movilización en todas as universidades do estado contra a legalización das patentes de software na Unión Europea. (Siga a ligazón do título para ler mais.)
Mércores, 20 de Abril de 2005 A Mesa Galega pola Libre Innovación, grupo de interese conformado por empresas, organizacións non gubernamentais e outras instáncias da sociedade galega vencelladas ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, desexa manifestar a súa preocupación debida á adopción por parte do Consello Europeo do novo texto proposto para a Directiva Europea sobre Patentabilidade de Invencións Implementadas en Computador.
(Siga a ligazón do título para ler mais.)
8 de xullo de 2004 A Mesa Galega pola Libre Innovación, formada por empresas que operan no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación, grupos de utilizadores de Linux así como outras instancias da sociedade galega, quere manifestar o seu profundo malestar polo convenio marco asinado recentemente polo goberno galego coa empresa norte americana Microsoft Corporation para o desenvolvemento da administración electrónica e da sociedade da información.
(Siga a ligazón do título para ler mais.)
21 de maio de 2004 A Presidencia Irlandesa da Unión Europea afirmou ter logrado na tarde do marte s 18 de maio de 2004 un acordo político do Consello de Ministros favorabel ao novo texto da Directiva de Patentabilidade de Invencións Implementadas en Computadora. A Mesa Galega pola Libre Innovación (FFII Galiza) rexeita esta proposta por que a súa redacción actúa en contra do acordo Parlamento Europeo, en concreto contra as enmendas que impedían de forma explícita a patentabilidade da programación polos seus negativos efectos para a innovación na industria endóxena e para a diversidade cultural europeas.
(Siga a ligazón do título para ler mais.)
17 de maio de 2004 Quedou constituida a Mesa Galega pola Libre Innovación conformada por representantes de empresas galegas da industria da programación e grupos de utilizadores de Linux, ademais de profesionais, investigadores e outros colectivos sociais vencellados ás tecnoloxías da información e da comunicación no meadamente no entorno do free-software (programación livre). (Siga a ligazón do título para ler mais.)
|