|
Quen somos Actualidade Ligazóns |
Mesa Galega a prol da Innovación |
|
Notas sobre o noso vencello coa FFII [ 2006 10 12 (11:13) ] A Mesa Galega a prol da Innovación, após constatar graves irregularidades nos mecanismos internos de participación e decisión da FFII, determinou interromper unilateralmente o vencello estabelecido con ela no ano 2004. Consideramos irresponsabel e contraproducente a actual deriva autoritaria e antidemocrática desta organización. Ao prescindir dos principios de cooperación igualitaria e descentralización da rede -que demostraron a súa eficacia na loita contra as patentes especialmente no caso do estado español-, a FFII convírtese nunha organización extremadamente vulnerabel que pon en perigo a capacidade da sociedade europea para facer frente ás ameazas dos próximos anos: patentes de programación, DRM, retención de datos ou neutralidade da rede entre outras. Dende a Mesa Galega a prol da Innovación animamos ás personas e agrupacións concernidas nesta materia -en especial ás PEMES TIC e á comunidade do software libre- a manter a súa autonomía e impedir que ninguén hipoteque a capacidade de mobilización colectiva a cambio de "representantes oficiais" designados artificialmente que prometerán xestionar en exclusiva -monopolizar- a información polo noso proprio ben: a información quere ser libre e ninguén pode limitar o noso dereito a compartila.
(Dispoñibel en castelán)
Creación do capítulo galego da FFIIA Mesa Galega a prol da Innovación constituise no ano 2004 no decurso das movilizacións contra a Directiva de Invencións Implementadas en Computador (directiva de patentes) e a instancias do grupo dos Verdes. Ao mesmo tempo que nos constituímos, decidimos traballar como capítulo galego da FFII, conformando o primeiro e único grupo do estado español vencellado a esta organización, xa que naquel momento a FFII ofrecía unha plataforma colaborativa baseada en listas de correo e grupos locais que operaban de forma autónoma pero coordenada cos demais, como foi o noso caso. Dende o noso grupo, reutilizando a información publicada por outros grupos como PROINNOVA (Hispalinux) ou Caliu, contribuímos a coordenar as movilizacións contra esta directiva, que finalmente resultou rexeitada polo Parlamento Europeo. O noso caso de éxito máis notabel foi obter a posición contraria do goberno español, evitando que a directiva de patentes fora aprobada ás agachadas durante un Consello de Ministros de Pesca. Básicamente, decatámonos xusto a tempo que a posición do goberno español sobre o tema en Bruxelas era distinta da posición do goberno español en Madrid. O motivo: o goberno socialista de Rodríquez Zapatero acababa de gañar as eleicións, e aínda non tiveran tempo de homoxeneizar a política estatal coa comunitaria, que seguía sendo a promovida polo anterior goberno de Aznar. Por tanto, centramos os nosos esforzos en poñer en contacto ás dúas partes e informalos de que votar a favor das patentes de programación era contraria ás promesas eleitorais e á política seguida por algúns destacados políticos socialistas, como era o caso do señor Rodríguez Ibarra na Junta de Extremadura. O resultado é ben coñecido: o goberno español pasou dunha posición favorabel ás patentes a outra totalmente contraria, sendo o español o único voto en contra que impediu a aprobación automática da directiva, facendo obrigatoria a votación do Parlamento Europeo que acabou rexeitando a proposta definitivamente. Mais o noso traballo non tería resultado de utilidade se máis tarde non tivera lugar a masiva movilización de milleiros de personas do resto do estado español, especialmente do software libre: a campaña de feche das webs, as manifestacións universitarias, as que tiveron lugar en Bruxelas ou a recollida de sinaturas que foron apresentadas no Ministerio de Industria foron igual de importantes que a nosa aportación. Precisamente durante as movilizacións universitarias as listas da FFII en castelán comezaron a nutrirse de xente voluntaria decidida a impedir que as patentes de software foran aprobadas. Lonxe de tratar de capitalizar os nosos logros a nivel estatal e empregando a meritocracia para estabelecer un liderazgo que consideramos innecesario, decidimos deixar en mans da comunidade hispanofalante a iniciativa de organizarse, co propósito de promover así a creación de novos grupos como o noso que foran capaces, como foi o noso caso, de mover a posición de todo un goberno estatal dende calquera recuncho da península. A diversidade e a riqueza cultural do estado é precisamente o que nos fai fortes, así que se o noso caso se repetía, a nosa forza se multiplicaría en proporción directa.A proposta dun capítulo estatal da FFIICoa chegada masiva de xente á lista pública es-parl, comezaron a xurdir conflictos, froito quizá da tensión ante a gravidade da situación. A máis significativa foi a protagonizada por Alberto Barrionuevo e Román Muñoz durante a organización da movilización universitaria previa á votación no Parlamento do ano 2005. Lamentabelmente este enfrontamento mantívose sin resolverse durante todo un ano en diversas ocasións, agudizándose cando xurdiu a proposta dun capítulo estatal da FFII. Ante a ausencia dun modelo ou protocolo de creación de capítulos estatais da FFII, tivo lugar unha posta en común liderada por Alberto que foi crecendo en virulencia e desprazándose dende a lista pública á privada (es-help) e viceversa. No decurso desta posta en común resultou consensual asumir como sistema de votación a regra "1 persona 1 voto", de xeito que os os membros do grupo galego decidimos inscribirnos de forma unánime para participar nas futuras votacións. Ante a incapacidade de Alberto para lograr unha posición común, o grupo galego acabou por retirarlle a confianza e amosar o seu apoio a Román. Neste momento alguén convence ao directorio da FFII que a inscripción masiva dos membros da mesa galega era fraudulenta, e sen perguntarnos acerca do sucedido, toman unilateralmente a decisión de blocar a lista facéndonos ver que non admitían como válida a interlocución de Román por ese motivo. Como resultado, o proceso de creación do capítulo español fica bloqueado, á espera de que o directorio defina o procemento para a creación de capítulos estatais e quizá un modelo estatutario para cada un deles. Por suposto esto xenerou un grande malestar no grupo galego. O feito de que o directorio actúe escoitando só a unha das partes implicadas -a que perdeu a votación- e sen tan siquera preguntar para informarse e obter a visión da contraparte é síntoma claro dun déficit democrático alarmante e dunha actitude autoritaria e intolerante. A pesar de que nise momento xurdiron xa as primeiras voces esixindo a nosa desvinculación da FFII, finalmente consideramos mellor achacalo a un erro de apreciación -un erro pode telo calquera-, aportamos a nosa visión do sucedido e ficamos pendentes da decisión do directorio ao respeito. A día de hoxe continuamos agardando por unha explicación coherente de por qué a nosa maioría natural deixou de ser válida cando lle retiramos o apoio a Alberto -a quen nós mesmos propuxemos para liderar o proceso. Continuamos tamén agardando por unhas desculpas que amosen un mínimo de dignidade do directorio, recoñecendo o seu erro e propósito de emenda. No entanto, o proceso de definición do protocolo de creación de capítulos estatais continuou no ámbito secretista das reunións do directorio da FFII até que recentemente comezaron a facerse públicos resultados parciais destes traballos, nos que sobra decir que non fomos consultados en nengún momento, como tampouco o foron as personas inscritas nas listas en castelán da FFII, públicas ou privadas. Enténdese que algo teremos que dizer sobre cómo queremos organizarnos, claro esta. O estado actual das propostas atópase eiquí: Procedementos organizativos Tal como se pode comprobar trátase de resultados provisionais que, por non estar contemplados nos estatutos da organización alemana, deben ser aprobados polo directorio (board). Paralelamente, desaparecen das webs da FFII toda referencia ao grupo galego, e no seu lugar aparece España como "National Chapter" no que o contacto resulta ser, en contra de todo o exposto: Alberto Barrionuevo. Listaxe de National Chapters Por suposto en nengún momento foron consultadas as listas en castelán da FFII, nin advertido o grupo galego da súa omisión nas páxinas da FFII. Dende o grupo galego, de novo, atribuimos esto a un erro, e tras advertir do erro pedindo a súa enmenda recibimos... o silencio por resposta.A reunión do directorio en MadridDende o grupo galego non pedimos que se nos recoñeza a nosa aportación, nin siquera temos a necesidade de figurar oficialmente en nengunha parte: simplemente esiximos o mínimo respeito que se deben entre sí quen se supoñen compañeiros cun obxectivo común. Por ise motivo cando fomos convidados a participar no encontro que o directorio tivo en Madrid o pasado día 7 de outubro decidimos aceitar, xa que parecía existir a vontade de aproximar posturas. Finalmente un problema de axenda impediunos asistir, cousa que comunicamos ao directorio ofrecéndonos para aportar calquera contribución en forma electrónica que puideramos facer chegar. A resposta chegou tras a reunión na forma dunha nova acusación e acción preventiva: alguén acusou ao grupo galego de empregar o nome e o logo da FFII con propósitos partidários, e de novo, sen mediar consulta algunha, desuscriben ao grupo galego do eboard (de "extended board" ou "directorio ampliado", lista privada na que están os membros do directorio e as personas que destacaron pola súa contribución). Ao parecer, alguén se ocupou de convencer aos compañeiros centroeuropeos de que as enmendas apresentadas polo grupo galego á reforma do estatuto galego, nas que introducíamos direitos básicos de acceso á sociedade da información, eran en realidade unha proclama separatista -sic-. Por suposto, o infundio quedou desmentido de forma inmediata a través dunha carta que Suso Baleato dirixiu ao eboard a través do presidente da FFII, Pieter Hintjens, que reproducimos de seguido: I'd just seen that. Difficult to believe. When common interests are beeing attacked, fratricide battles arise? Amazing. Answering to the question, this is like if FFII introduces IP rights ammendments in the European Constitution project using the Liberals EP interlocution... and some troll accuses FFII to spread a Liberals political manifesto because FFII publish their own amendments. Insane, isn't it? In the same way, we published the ammendments we did to the Galician Statute of Autonomy proposal (an organic law like a Constitution) introducing IP rights issues. We did it using BNG interlocution... and somebody comes here accusing us to spreading a political party manifesto. Of course that "somebody" unknows the consensual position of all political parties about the issue, and that unknown somebody ignores all congrats we received by enforcing democracy and contribution introducing IP rights issues in a so high-level legislative document. So this accusation is simply dreadful. Can I ask who is trying to troll the galician group using the FFII board please? Of course, it is a rethoric question. Let's spell it's name: Acting manu miLitari BasEd on faked coRpus delicTi is a corrupted mOdus operandi. That hostile Behavior is obviously unnAceptable, and that is the boaRd's behaviouR with the galIcian grOup... after the FFII-ES affair. The first time (the voting issue with mailing list blockage), we attributed that board mistake to a lack of kNowledge aboUt thE spanish dinamics. Ok, all ppl has their right to fail eVen board. But insisting in that behaviour again, now shows a childlike clear intention Of putting the galician group away the FFII with the main intention of stablish a FFII ES group without us. So: If our perception of those decisions is mistaken, please advice. Other case, maintaining a contribution way with the FFII might be oficially discontinued by our side. No intercambio de correos que seguiu en resposta a este correo, descubrimos sorprendidos que detrás destas acusacións existía unha labor previa de desinformación e intoxicación que tiña por obxecto desacreditar ao grupo galego... empregando, casualmente, os mesmos argumentos que foran desbotados durante a discusión previa nas listas es-parl e mais es-help. Por tanto, é trivial deducir que esta estratéxia únicamente podería resultar útil a quen pretendera eliminar calquera obstáculo que lle impida facerse co control e a representación dun futuro capítulo español da FFII. Chegados a iste punto, o único que recibimos por parte do directorio a través do seu presidente, foi a promesa de considerar estas cuestións na próxima asamblea xeral. Mais posto que aínda non recibimos nin unha soa explicación ás anteriores accións "preventivas" e dado que os termos que rixen o funcionamento interno da FFII non son os proprios dun sistema que poida encadrarse dentro dos parámetros da democrácia, por moi precaria que esta fora, consideramos que non ten sentido manter por máis tempo o noso vencello con esa organización. Por suposto, cada un dos nosos membros é libre de decidir acerca da súa própria vinculación; mais como colectivo consideramos a nosa obriga actuar en seguimento dos principios éticos que sempre guiaron o noso accionar e manifestar públicamente os motivos, xa que consideramos irresponsabel e contraproducente a actual deriva autoritaria e antidemocrática desta organización. Ao prescindir dos principios de cooperación igualitaria e descentralización da rede -que demostraron a súa eficacia na loita contra as patentes especialmente no caso do estado español-, a FFII convírtese nunha organización extremadamente vulnerabel que pon en perigo a capacidade da sociedade europea para facer frente ás ameazas dos próximos anos: patentes de programación, DRM, retención de datos ou neutralidade da rede entre outras. Dende a Mesa Galega a prol da Innovación animamos ás personas e agrupacións concernidas nesta materia -en especial ás PEMES TIC e á comunidade do software libre- a manter a súa autonomía e impedir que ninguén hipoteque a capacidade de mobilización colectiva a cambio de "representantes oficiais" designados artificialmente que prometerán xestionar en exclusiva -monopolizar- a información polo noso proprio ben: a información quere ser libre e ninguén pode limitar o noso dereito a compartila. |