Quen somos
Actualidade Ligazóns

Mesa Galega a prol da Innovación


Manifesto de Bruxelas pola Innovación e a Sociedade do Coñecemento en Galiza

[ 2006 06 01 (19:22) ]  Reunidos en Bruxelas, os dias 29 e 30 de Maio de 2006, as persoas abaixo asinantes manifestan o seu compromiso en prol da aposta pola innovación en Galiza, creando o Grupo de Traballo BRUX-GAL POLA INNOVACION, que nace co fin de dinamizar á sociedade galega a través da difusión e concienciación, para apostar por unha política de innovación transversal desenvolvida polas partes responsables da súa implantación e mellora (administracións públicas, empresas, Universidades, centros tecnolóxicos).

O Grupo de Traballo BRUX-GAL POLA INNOVACIÓN manifesta que:

  • Galiza ten unha situación de perificidade estrutural que dificulta a converxencia co resto da Unión Europea, sendo necesarias medidas de apoio para esa deficiencia e desequilibrio.

  • Existe enormes potencialidades para desenvolver iniciativas de tipo empresarial e tecnolóxico en prol da innovación, sendo necesaria unha maior concenciación e cambio de mentalidade para conseguir este obxectivo, comprometéndose á difusión para concenciación.

  • E necesaria unha maior inversión social en recursos humanos e capacitación profesional, e unha implantación do persoal que evite a emigración de científicos xoves e persoal técnico altamente cualificado, a fuga de cerebros, que se ven dando nos últimos dez anos.

  • E necesario que o Goberno galego inste a realizar accións de tipo de concentración de estratexias, instando ás pequenas e medianas empresas a apostar por un maior investimento en innovación, polo beneficios na conversión do conocimento científico e tecnolóxico en productos e procesos de coñecemento e calidade.

  • Galiza debe potenciar a creación de redes tecnolóxicas, a aposta por partillar a transferencia de tecnoloxía, e a promoción da sociedade da información como aposta pola nosa cultura e a nosa língua, e do software libre como oportunidade de desenvolvemento económico e social.

  • No marco das novas perspectivas financieras da Unión Europea, Galiza debe apostar por un uso racional dos Fondos Estruturais, para que potencien a inversión en infraestructuras de tipo tecnolóxico, considerando que a frase "máis tecnoloxia e innovación e menos cemento", resume a aposta que fixeron outros territorios da Unión Europea, que mellorarian a calidade de vida da cidadania galega.

  • Recollendo as recomendacións da Comisión Europea, débese aproveitar a oportunidade de retorno de futuro que pode provocar unha aposta pola I + D +I, apostando pola creación de novos conceptos e redes de excelencia, seguindo os criterios do VII Programa Marco que vai entrar en vigor no 2007.

  • O grupo constituido en Bruxelas, vai promover un gran pacto da sociedade en Galiza para apostar pola innovación como iniciativa de futuro para o desenvolvimento do noso pais, e con este fin lanzaranse diversas iniciativas que permitan a incorporación doutras persoas, empresas, colectivos e redes.

PERSOAS FUNDADORAS:

Ana Miranda, Voceira do BNG no Parlamento Europeo, responsable da Comisión de Emigración do BNG.

Xavier Alcalá, Director Oficina de Programas Internacionales de I + D da Conselleria de Innovación e Industria.

Antonio Pérez Casas, Asesor da Dirección de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Conselleria de Innovación e Industria.

Xabier Vence, Catedrático de Economia Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, experto en temas de I+D+I

Miguel Ángel Fernández, Presidente Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG)

Xesús Baleato, Mesa Galega pola Innovación.

Carlos Neira, Mesa Galega pola Innovación.

Denis Fernández Cabrera, Mesa Galega pola Innovación.

Carlos Rodríguez Garcia, GalPon - Asociación que defende o Software Libre e en especial GNU/Linux.

Javier Vázquez Lamas, Empresa Igalia.

María Yáñez, Directora xornal electrónico Vieiros.

Oscar Casal, Asociación de Usuarios de Linux Universidade de Santiago.

Roberto Brenlla, Asociación Agnix de Usuarios de Software Libre.

Xosé Manuel Rey, Asesor xurídico en Dereito das TIC. Datalawyers, S.L.

Camilo Regueiro, Consultora Tecnolóxica Dimensiona.

Manuel Muíño, Responsable Comisión Novas Tecnoloxías do BNG.

Xavier Seixo, Responsable Area de Innovación interna-Comisión Novas Tecnoloxias do BNG.

Luís Teira, Responsable Programas de aplicación social-novas tecnoloxias-Comisión Novas Tecnoloxías do BNG.


Valid XHTML 1.0! | Thanks to Galician Supercomputation Center for their support:logo CESGA