|
Quen somos Actualidade Ligazóns |
Mesa Galega a prol da Innovación |
|
Cinco millóns de euros para o incentivo das TIC nas empresas galegas [ 2006 03 27 (15:10) ] Cun mínimo de 1.000 e unha cantidade máxima de 12.000 euros, subvencionará a Consellaría de Industria e Innovación todo tipo de actuacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e para o desenvolvemento de aplicacións e servizos relacionados coa integración destas tecnoloxías no ámbito empresarial. De xeito específico vaise ampliar a porcentaxe subvencionábel daqueles proxectos realizados con soporte de código aberto.As subvencións poderán chegar ao 40% do investimento do proxecto da empresa solicitante e mesmo ao 50% no caso de iniciativas vencelladas coa incorporación da empresa que faga a petición "a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que asuman conxuntamente a posta en marcha de actuacións relativas a medios de pago, planos de fidelización, acceso a internet, operacións de comercio electrónico, e centrais de compras e servizos, que deberán ter o visto e prace previo da consellaría". No caso de deseño de sistemas de venda non presenciais e páxinas web o investimento máximo subvencionábel será de 3 mil euros.
Os investimentos será distribuídos en tres anualidades: 3.3 millóns en 2006, 1 millón en 2007 e 700 mil euros en 2008. Están cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. As axudas teñen unha dobre liña de actuación, tanto para ao acceso á sociedade da información como para o desenvolvemento do sector das TIC. Neste último caso apoiaranse iniciativas de emrpesas que teñen a súa actividade empresarial no ámbito específico das TIC, ás que se lle subvencionará até o 30% dos seus investimentos, porcentaxe que poderá aumentar ao 40% no caso de que o proxecto sexa realizado con soporte de código aberto.
Noticia tirada de Vieiros.
|