Quen somos
Actualidade Ligazóns

Mesa Galega a prol da Innovación


Tradución ao galego da Consulta sobre o Sistema Europeo de Patentes

[ 2006 02 24 (14:11) ]  A Mesa Galega pola Libre Innovación quere convidar a todos os interlocutores sociais galegos a participar na Consulta sobre o Sistema Europeo de Patentes, disponibilizando a súa traducción non oficial ao galego. Co seu plantexamento actual, a Patente Comunitaria permite a posibilidade de patentar a programación a través da Oficina Europea de Patentes, un organismo extracomunitario que está fora do control das institucións europeas. A pesar de que xa o Parlamento Europeu rexeitou a patentabilidade da programacion de forma clara, reiterada e contundente, a OEP continúa a conceder patentes sobre software.

Co plantexamento actual a Patente Comunitária permite patentar a programación, (software). O motivo é que delega a xestión dos direitos de propriedade industrial na Oficina Europea de Patentes (OEP). Este organismo extracomunitario non está sometido ao control das institucións europeas, e iso permítelle continuar a conceder patentes de software a pesar de que o Parlamento Europeo rexeitou de forma clara, reiterada e contundente esa posibilidade.

Dado o grave prexuízo que supón a patentabilidade da programación para a sociedade e a industria tecnolóxica europeas -e moi especialmente para a galega- dende a Mesa Galega pola Libre Innovación queremos animala/ o a que traslade á Comisión Europea a conveniencia de someter a Patente Europea a control parlamentario.

Para facelo, consideramos que o máis efectivo será que inclúa a nosa proposta entre as súas proprias como resposta ás cuestións plantexadas nas distintas seccións da Consulta da Comisión.

Para facilitarlle a comprensión do documento orixinal da comisión, dispoñibel só en inglés, francés e alemán, elaboramos unha traducción que pode descargar para a súa comodidade en formato PDF listo para a súa impresión ou ben en formato ODT para que poida editalo vostede mesma/ o.

En caso de que teña calquera dúbida ou dificuldade, non dubide en poñerse en contacto con nós.


Valid XHTML 1.0! | Thanks to Galician Supercomputation Center for their support:logo CESGA