Quen somos
Actualidade Ligazóns

Mesa Galega a prol da Innovación


Solicitude ao Goberno do Estado Español sobre a directivaIPRED2 (2005/0127 COD)

[ 2006 02 17 (10:30) ]  A proposta de directiva de protección de direitos de propriedade intelectual IPRED2 (2005/0127 COD) inclúe as infraccións de patentes na listaxe de actos delictivos de caracter criminal. Esta directiva, de aplicación inmediata en todos os estados membros, trasladaría os litixios sobre patentes ao ámbito penal dende o ámbito civil onde eran tratados até o de agora. Para impedilo, dende a FFII estamos solicitando aos gobernos dos 25 estados membros que expresen por escrito á Comisión europea de manter os litixios de patentes no ámbito da ley civil, facéndolles chegar por fax esta solicitude (en castelán).

A ollos da Mesa Galega pola Libre Innovación, esta proposta, ademais do evidente atentado á liberdade de expresión e á creación, tamén representa un serio condicionamento para os procesos de innovación, un novo obstáculo para a industria das TIC e por tanto das economías europeas, entre elas a galega

Por todo isto unímonos á acción internacional que está a desenvolver a FFII nistes intres e que trata de obter o rexeitamento dos gobernos a esta tentativa. Para logralo, aproveitamos o feito de que sabemos que a Comisión Europea terá en conta as opinións que lle fagan chegar por escrito antes do próximo luns 20 os gobernos dos 25 estados membro.

Para nós o obxectivo é lograr que o goberno español se manifeste en contra dise tratamento cando sexa preguntado.

Ista é a solicitude (en castelán) que estamos a enviar aos distintos ministerios dos 25 estados membro informando distes feitos e solicitando o rexeitamento deste tratamento criminal. Síntete libre de reenviala por correo ou fax e facelo chegar a todos os departamentos de I+D, industria e relacionados tanto do goberno galego como do goberno español que poidan lograr axudar a que o goberno español se posicione por escrito contra a criminalización da litigación de patentes.


Valid XHTML 1.0! | Thanks to Galician Supercomputation Center for their support:logo CESGA