|
Quen somos Actualidade Ligazóns |
Mesa Galega a prol da Innovación |
|
Apresentada a revisión 2 das Directrices Estatutarias [ 2006 01 11 (18:32) ] A Mesa Galega pola Libre Innovación trasladou aos tres grupos parlamentares galegos PSdG, BNG e PPdG así como ao Presidente, Vicepresidente e ao Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia a segunda revisión das directrices TIC para a reforma estatutaria galega. Esta segunda revisión inclúe o texto articulado apresentado polo BNG que contén as emendas propostas pola Mesa Galega pola Libre Innovación ao seu texto. Unha terceira revisión será publicada unha vez sexan apresentadas ao público as respectivas propostas dos demais grupos parlamentares.
|