Quen somos
Actualidade Ligazóns

Mesa Galega a prol da Innovación


Apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na UNESCO

[ 2005 11 18 (10:40) ]  A Mesa Galega pola Libre Innovación quere mostrar o seu apoio á Candidatura na UNESCO do Patrimonio Oral e Inmaterial como Obra Mestra da Humanidade por favorecer a superación dos obstáculos actuais para acadar a converxéncia económica e a cohesión social no espazo da Eurorexión Galego-Portuguesa.

A Mesa Galega pola Libre Innovación, grupo de interese conformado por empresas, organizacións non gubernamentais e outras instáncias da sociedade galega vencelladas ás novas tecnoloxías da información e da comunicación quere mostrar o seu apoio á Candidatura na UNESCO do Patrimonio Oral e Inmaterial como Obra Mestra da Humanidade. Tal como foi definido na Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural e Inmaterial [1]: "Enténdese por "patrimonio cultural inmaterial" as prácticas, representacións e expresións, os coñecementos e as técnicas que procuran ás comunidades, os grupos e individuos un sentemento de identidade e continuidade. Os instrumentos obxectos, "artefactos" e mais espazos culturais asociados a estas prácticas forman parte integrante deste patrimonio." A Proclamación de Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial é unha distinción creada en 1997 pola UNESCO e inscrébese dentro dos esforzos destas Organización en pro do fomento e salvagarda do patrimonio cultural [2]. A transición das sociedades contemporáneas a un novo estadío fundamentado na posta en valor do coñecemento empregando as potencialidades das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, representa unha oportunidade sen precedentes na historia da humanidade para acadar os obxectivos de desenvolvemento consignados na Declaración do Milenio [3]. Con este obxectivo, 175 países adoptaron na I Cimeira sobre a Sociedade da Información [4] unha Declaración de Principios [5] que involucra aos gobernos, axentes económicos e á sociedade civil ademais da ONU e outras instancias internacionais na execución dun Plan de Acción [6] onde a cooperación internacional e rexional é a chave para o estabelecemento de políticas encamiñadas a promover e preservar a diversidade e identidade culturais, a diversidade lingüística e o contido local. A proclamación do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sería consecuente con aqueles propósitos, pois significaría a posta en práctica dun Plan de Salvagarda que prevé actividades concretas, tais coma o fortalecemiento de nvestigacións e da documentación, a identificación e o rexistro dos detentadores dos coñecementos especializados, o apoio ás medidas de transmisión dos coñecementos e as técnicas ás nuevas xeneracións, a sensibilización a escala local e nacional mediante festivais ou conferencias, a adopción dunha protección xurídica, a introdución dun ensino especializado nos currículos escolares ou universitarios e outras. [7] É por todo isto que a Mesa Galega pola Libre Innovación valoraría positivamente a Proclamación do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués como Obra Mestra da Humanidade, favorecendo a superación dos obstáculos actuais para acadar a converxéncia económica e a cohesión social no espazo da Eurorexión Galego-Portuguesa. --- [1]Convention pour la sauvegarde du patrimoine culturel immatériel, http://portal.unesco.org/culture/fr/ev.php-URL_ID=16429&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html [2] Proclamation des chefs-d'oeuvre, http://portal.unesco.org/culture/fr/ev.php-URL_ID=2226&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html [3] Objectifs du Millénaire pour le développement, http://www.un.org/french/millenniumgoals/index.html [4] Sommet mondial sur la société de l’information, http://www.itu.int/wsis/index-fr.html [5] Déclaration de principe, http://www.itu.int/wsis/documents/doc_multi.asp?lang=fr?&id=1161|1160 [6] Plan d'action, http://www.itu.int/wsis/documents/doc_multi.asp?lang=fr?&id=1161|1160 [7] Les plans d'action, http://portal.unesco.org/culture/fr/ev.php-URL_ID=21427&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html#act


Valid XHTML 1.0! | Thanks to Galician Supercomputation Center for their support:logo CESGA