Quen somos
Actualidade Ligazóns

Mesa Galega a prol da Innovación


Requerimento ao goberno galego: revisión das actuacións do Goberno en Funcións en materia de informática

[ 2005 08 09 (10:06) ]  Tal como foi recollido amplamente polos meios de comunicación, o goberno en funcións presidido por D. Manuel Fraga Iribarne acometeu un intenso proceso de contratacións, licitacións e adxudicacións unha vez coñecido o resultado eleitoral. Entre os obxectos desas actuacións, destacan diversos productos e servizos informáticos asociados a distintas instancias da administración autonómica por máis de sete millóns de euros.

A Mesa Galega pola Libre Innovación require do Goberno Galego a revisión de todas estas actuacións xa que a adxudicación destes contratos condicionaría seriamente o cumprimento dos acordos programáticos do novo Goberno Galego no decurso da presente lexislatura.

A Mesa Galega pola Libre Innovación, formada por empresas que operan no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación, grupos de utilizadores de Linux así como outras instancias da sociedade galega, manifesta a súa preocupación polas actuacións do cesado goberno en funcións relativas a productos e servizos informáticos que afectan á Administración Pública. A adxudicación destes contratos condicionaría seriamente o cumprimento dos acordos programáticos do novo Goberno Galego no decurso da presente lexislatura. Tal como foi recollido amplamente polos meios de comunicación, o goberno en funcións presidido por D. Manuel Fraga Iribarne acometeu un intenso proceso de contratacións, licitacións e adxudicacións unha vez coñecido o resultado eleitoral. Entre os obxectos desas actuacións, destacan diversos productos e servizos informáticos asociados a distintas instancias da administración autonómica por máis de sete millóns de euros (7.565.120,41 €) entre os que cabe mencionar os seguintes: Sanidade (925.000 €) Resolución do 7 de xuño de 2005, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, para a contratación do Servicio de Evolución e Despregamento de Contornos Colaborativos e do portal corporativo, neste organismo e a Consellería de Sanidade. (DOG nº 124, de 29 de xuño de 2005) Sanidade (1.312.537 €) Resolución do 13 de xuño de 2005, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, para a contratación do arrendamento de servidores e software de base para este servizo. (DOG nº 131, de 8 de jullo de 2005) Augas de Galicia (240.000 €) Resolución do 24 de xuño de 2005 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da contratación da consultoría e asistencia para o apoio á Sección de Informática deste organismo. (DOG nº 124, de 29 de xuño de 2005) Presidencia (225.740 €) - Resolución do 21 de xuño de 2005 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia para a administración e xestión de servizos telemáticos desta consellería. (DOG nº 124, de 29 de xuño de 2005) Presidencia (65.190 €) - Resolución do 21 de xuño de 2005 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia para a xestión de aplicacións web e o seu contorno técnico de explotación, de responsabilidade desta consellería. (DOG nº 124, de 29 de xuño de 2005) Presidencia (400.000 €) - Resolución do 31 de maio de 2005 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia para a realización da migración dos módulos centrais do sistema de xestión de procedementos administrativos. (DOG nº 124, de 29 de xuño de 2005) Presidencia (235.000 €) Resolución do 31 de maio de 2005 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de servidores para a plataforma do sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia. (DOG nº 126, de 1 de xullo de 2005) Sanidade (928.841,31 €) - Resolución do 26 de maio de 2005, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento de aplicacións informáticas da área de programas especiais do servizo de informática e migración da aplicación de xestión da incapacidade temporal (S/008-2005). (DOG nº 128, de 5 de xullo de 2005) Sanidade (204.000 €) - Resolución do 2 de xuño de 2005, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de contratación da dirección do proxecto de consolidación de servizos de correo e web para este organismo (S/022-2005). (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2005) Presidencia (50.000 €) Resolución do 29 de xuño de 2005 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de asistencia técnica consistente no mantemento e desenvolvemento de aplicacións da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior. (DOG nº 133, de 12 de xullo de 2005) Sanidade (2.199.984€) Resolución do 23 de xuño de 2005, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento negociado 194/2004 de arrendamento de equipamento hardware e software. (DOG nº 146, de 1 de agosto de 2005) Presidencia (778.828,41 €) Resolución do 1 de xullo de 2005, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servizo técnico de análise, deseño e desenvolvemento de novos módulos do sistema informático de saúde pública e mantemento e incorporación de novas funcionalidades nos existentes (C/001-2005). (DOG nº 150, de 5 de agosto de 2005) Estas actuacións afectan aos pontos neurálxicos da rede da administración pública galega, con especial incidencia nas Consellerías de Presidencia e Sanidade, e levan implícitas escollas tecnolóxicas que son contrarias aos compromisos adquiridos polo Goberno Galego coa cidadanía a través do Acordo sobre Bases Programáticas para a Acción do Goberno. Ademais de supoñer un incremento sen control do gasto público, condiciona ao implementar esas escollas tecnolóxicas a acción do goberno en materia de novas tecnoloxías perxudicando gravemente o desenvolvemento das políticas de innovación industrial e empresarial. Alén do feito de seren iniciadas estas actuacións durante a fase de cambio de goberno, moitas delas incurren en vulneracións de lei e ignoran as recomendacións que distintas instancias estatais teñen proposto para esta clase de adxudicacións. Como fundamentos de Dereito, citamos os seguintes: - a Lei de Contratos das Administracións Públicas, que resulta ampliamente vulnerada na fase de publicitación destas actuacións. - a Proposta de Recomendacións da Administración General del Estado sobre a utilización de software libre e fontes abertas, que é ignorada nestas actuacións facendo escollas implícitas de opcións tecnolóxicas - a Ley 4 de xaneiro de 2005 onde nas súas motivacións fai referencia ás ventaxas económicas, estratéxicas e sociais do uso do software libre - moi especialmente, o Informe do Tribunal de Contas de 30 de marzo de 2005 onde se di que as decisións do uso de software que impliquen costes para a Administración deben xustificarse ampliamente, cousa que en nengún caso tivo lugar. Estes motivos fundamentaron os recursos de alzada apresentados pola empresa Igalia contra as actuacións referidas ao SERGAS, recursos que a Mesa Galega pola Libre Innovación apoia e valora como un exemplo do exercizo de cidadanía activa que o Goberno Galego requeriu á poboación galega na súa investidura. Por todo o exposto, a Mesa Galega pola Libre Innovación require do Goberno Galego a revisión de todas estas actuacións xa que a adxudicación destes contratos condicionaría seriamente o cumprimento dos acordos programáticos do novo Goberno Galego no decurso da presente lexislatura.


Valid XHTML 1.0! | Thanks to Galician Supercomputation Center for their support:logo CESGA