Quen somos
Actualidade Ligazóns

Mesa Galega a prol da Innovación


Xorden dúbidas na Unión Europea sobre o acordo para a patentabilidade da programación

[ 2004 05 21 (19:55) ]
   A Presidencia Irlandesa da Unión Europea afirmou ter logrado na tarde do martes 18 de maio de 2004 un acordo político do Consello de Ministros favorabel ao novo texto da Directiva de Patentabilidade de Invencións Implementadas en Computadora. A Mesa Galega pola Libre Innovación (FFII Galiza) rexeita esta proposta por que a súa redacción actúa en contra do acordo Parlamento Europeo, en concreto contra as enmendas que impedían de forma explícita a patentabilidade da programación polos seus negativos efectos para a innovación na industria endóxena e para a diversidade cultural europeas.

O polémico procedemento seguido pola Presidencia Irlandesa para lograr este acordo político -que suscitou as protestas de todo o arco parlamentar- así como o escaso marxe de apenas 2 votos dun total de 87 xeneran dúbidas sob re o consenso que debería reflexar esta votación.

De prosperar o proceso de retractación iniciado polo Parlamento holandés sería invalidada esta precaria maioría cualificada, sumando os votos de Holanda ás abstencións de Bélxica, Austria, Italia e Polonia e ao voto negativo do goberno español. Existen dúbidas, ademais, sobre o sentido do voto de outros 11 países membr da UE.

O cambio a última hora do sentido do voto español reflexou finalmente as declaracións públicas de destacados membros do partido político no goberno contra a patentabilidade da programación, que Camilo Nogueira, candidato da coalición Galeusca polo BNG ás eleicións europeas, comparou coa patentabilidade do Teorema de Pitágoras durante o encontro con empresarios e grupos de usuarios de linux galegos organizado pola FFII en Santiago de Compostela.

A Mesa Galega pola Libre Innovación ( FFII Galiza) convoca a todas as personas e colectivos sociais vencellados ás TIC e particularmente co sofware libre: empresas, investigadores, profesionais... para visibilizar a problemática das patentes incluíndoa nas axendas políticas desta campaña eleit oral europea para conseguir compromisos públicos dos distintos partidos en contr a da patentabilidade da programación de cara á votación que terá lugar en setemb ro de 2004 unha vez constituido o novo Parlamento Europeo.


Valid XHTML 1.0! | Thanks to Galician Supercomputation Center for their support:logo CESGA