Quen somos
Actualidade Ligazóns

Mesa Galega a prol da Innovación


Constituída a Mesa Galega pola Libre Innovación

[ 2004 05 17 (19:52) ]
   Quedou constituida a Mesa Galega pola Libre Innovación conformada por representantes de empresas galegas da industria da programación e grupos de utilizadores de Linux, ademais de profesionais, investigadores e outros colectivos sociais vencellados ás tecnoloxías da información e da comunicación nomeadamente no entorno do free-software (programación livre).

A Mesa Galega pola Libre Innovación toma a forma dun grupo de traballo asociado á Fundación para unha Libre Infraestructura da Información (FFII), asociación sen ánimo de lucro rexistrada en Munich (Alemania) adicada á divulgación da alfabetización no procesado de datos. A FFII promove o desenvolvemento de bens de interese público baseados na propriedade intelectual, a libre competencia e os estándares abertos. Máis de 400 membros, 1.000 empresas e 65.000 asinantes acreditan á FFII para actuar en representación súa ante as cuestións de políticas públicas na área dos dereitos de reserva (propriedade intelectual) que afecten ao procesado de datos. Este grupo de interese xurdiu como resultado da posta en común acerca da problemática relacionada coa tramitación da Directiva Europea sobre Patentabilidade de Invencións Implementadas en Computadora, que tivo lugar na reunión coordenada pola FFII coa colaboración da oficina europea do Bloque Nacionalista Galego durante a mañá do venres 14 de maio en Santiago de Compostela. O encontro tivo por anfitrión ao europarlamentario galego Camilo Nogueira, que se significou polas súas iniciativas contra a patentabilidade da programación que comparou á patentabilidade do Teorema de Pitágoras. A Mesa Galega Contra a Patentabilidade da Programación rexeita o novo texto propost o para esta directiva polo Consello da UE por que vai en sentido contrario ao aprob ado polo Parlamento Europeo. Concretamente, o novo texto anula as enmendas que foro n aprobadas para impedir de forma explícita a patentabilidade do software debido ás negativas consecuencias que esto tería para a industria da programación e para as culturas minorizadas.


Valid XHTML 1.0! | Thanks to Galician Supercomputation Center for their support:logo CESGA